|
Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan 1.500 euros para a campaña solidaria "Valeria, a túa loita é a nosa loita” |
|
|
|
|
Luns, 08 Setembro 2014 19:12 |
|
Na xornada de hoxe, os/as menores da Ludoteca de Verán - Campamento Urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, fixeron entrega dos 1.500 euros recadados na campaña solidaria "Valeria, a túa loita é a nosa loita", realizada co obxecto de acadar fondos para o tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.
|
|
Ler máis...
|
|
Entrega de diplomas aos/ás voluntarios/as da Bibliopiscina |
|
|
|
|
Xoves, 04 Setembro 2014 19:23 |
|
A casa consistorial de Verín acolleu esta tarde a entrega de diplomas, por parte do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, aos/ás rapaces/zas voluntarios da Bibliopiscina pola súa labor de voluntariado neste servizo das piscinas descubertas de A Granxa.
|
|
Ler máis...
|
|
Jiménez Morán e Menéndez supervisan os traballos de desmontaxe das liñas aéreas no contorno urbano de Verín |
|
|
|
|
Xoves, 04 Setembro 2014 13:51 |
|
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o delegado da compañía eléctrica en Ourense-Lugo, Rubén Menéndez, supervisaron esta mañá o inicio dos traballos de desmantelamento do tendido eléctrico, que permitirá a recuperación do ámbito urbano en Verín.
|
|
Ler máis...
|
|
O concurso 'Dona un Recordo' conmemora o Día Mundial do Alzheimer en Verín |
|
|
|
|
Xoves, 04 Setembro 2014 13:50 |
|
A área de Servizos Sociais do Concello de Verín promove, con motivo do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro), o concurso 'Dona un Recordo', co obxecto de concienciar sobre esta enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.
|
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade acolle un curso de español |
|
|
|
|
Xoves, 04 Setembro 2014 13:42 |
|
Vinte alumnos/as, a maioría mozos/as residentes no territorio da Eurocidade Chaves-Verín, iniciaron esta semana un curso de español de nivel 2, na sede da Eurocidade, que se prolongará durante todo o mes de setembro.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 591 592 593 594 595 596 597 598 599 600 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 599 de 1008 |