|
A Piscina Climatizada de Verín estrea novas salas aeróbicas |
|
|
|
|
Martes, 23 Setembro 2014 11:37 |
|
A Piscina Climatizada de Verín conta cunha nova sala aeróbica e outra de spinning destinadas a ofertar un maior número de actividades deportivas durante a tempada 2014-2015.
|
|
Ler máis...
|
|
O conto solidario 'Antía, Wamba e o regato pequeno' chega mañá a Verín |
|
|
|
|
Martes, 23 Setembro 2014 11:19 |
|
A Tropa de Trapo continúa mañá mércores en Verín a xira dos contos creados para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Como socio desta entidade, o Concello de Verín levará o espectáculo ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ ao Colexio María Inmaculada a partir das 12 horas.
|
|
Ler máis...
|
|
'Sorteo solidario por Valeria' no complexo deportivo de A Granxa de Verín |
|
|
|
|
Venres, 19 Setembro 2014 12:16 |
|
O complexo deportivo de A Granxa de Verín acolle mañá sábado 20 de setembro, ás 17.30 horas, a realización do “Sorteo solidario por Valeria”, enmarcado dentro da campaña 'Tu sonrisa mueve mi corazón', realizada co obxecto de axudar no tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada. |
|
Ler máis...
|
|
'Expoarte 2014' na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 17 Setembro 2014 12:52 |
|
Unha selección dos traballos realizados no pasado curso nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín forman 'Expoarte 2014', mostra que acolle a nova Sala de Exposicións de Verín, do 18 de setembro ao 11 de outubro. A exposición, que se inaugurará mañá ás 19 horas, pode visitarse de luns a sábado, ambos os dous incluídos, entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 20.30 horas.
|
|
Ler máis...
|
|
Obradoiros gratuítos de hábitos de vida saudables, muller e saúde, prevención de infeccións, caídas e accidentes en Verín |
|
|
|
|
Mércores, 17 Setembro 2014 12:49 |
|
Dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, a través do Plan de Inclusión social e Área de Maiores, promoven a realización de obradoiros gratuítos de hábitos de vida saudables, muller e saúde, prevención de infeccións, caídas e accidentes dentro e fóra de fogar (enmarcados na Escola Galega de Saúde para Cidadáns).
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 591 592 593 594 595 596 597 598 599 600 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 596 de 1008 |