Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Música, cervexa, gastronomía e bo ambiente: a Festa da Cervexa de Verín supera as expectativas e consolídase como referente do outono PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Outubro 2025 12:13

A quinta edición da Festa da Cervexa de Verín pechou a pasada fin de semana cun balance moi positivo tanto en participación como en satisfacción do público e da hostalería local. Segundo a enquisa de valoración impulsada polo Concello, máis do 90 % das postos participantes cualificaron o evento como “moi satisfactorio” ou “excelente”, destacando a boa organización, o ambiente festivo e a oferta musical e gastronómica.



O evento celebrouse, como é habitual, na zona verde da Preguiza, converténdose unha vez máis no epicentro da diversión outonal en Verín. Durante dúas xornadas, máis de 5.000 persoas procedentes de toda a comarca, doutras zonas de Galicia e mesmo do norte de Portugal achegáronse para gozar dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación.

A parte gastronómica tivo tamén un papel protagonista: cun total de 12 postos, a oferta foi de novo variada e pensada para acompañar a cervexa, combinando propostas clásicas como chourizos ou salchichas con elaboracións máis coidadas, entre as que destacaron hamburguesas, polbo, codillo, empanadas, gofres e crepes caseiros.

No apartado musical, o venres Los Tresillos abriron a festa cun concerto de versións pop-rock cheo de enerxía, mentres que o sábado Mala Hora Rock & Roll Band puxo o broche final cunha actuación vibrante que fixo bailar ao público ata ben entrada a noite.

 O concelleiro de Feiras, Transportes e Xuventude, Manuel Lorenzo, amosou a súa satisfacción polo resultado desta edición: «A Festa da Cervexa volveu demostrar a súa forza como evento que une xeracións, dinamiza a hostalería e enche Verín de vida. É unha cita consolidada e moi querida pola veciñanza e pola mocidade», destacou o edil.

Lorenzo agradeceu tamén «o esforzo dos stands participantes, do persoal municipal e de todas as persoas que fixeron posible unha edición exemplar, tanto no plano organizativo como no lúdico».

Segundo os datos da enquisa de valoración, o 92 % dos stands participantes manifestaron a súa intención de volver en vindeiras edicións; o ambiente seguro, a limpeza do recinto e a boa organización.

O Concello de Verín agradece a colaboración dos stands gastronómicos e cervexeiras, dos grupos musicais e do persoal técnico que contribuíron ao éxito dunha festa xa consolidada como unha das máis destacadas do calendario festivo e do municipio.

 

 
A actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola presenta en Verín os unipersoais “Minas” e “Abanderada” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Outubro 2025 13:18

O Auditorio Municipal de Verín acollerá esta fin de semana dúas propostas teatrais de alto nivel da man da actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola, que presentará os seus espectáculos “Minas” e “Abanderada”, dúas pezas unipersoais que combinan emoción, humor e reflexión social.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Outubro 2025 00:00

O Concello de Verín vén de publicar o anuncio oficial para a contratación de persoal laboral temporal, co obxectivo de reforzar os servizos municipais de Axuda no Fogar – Dependencia e Socorrismo.

Ler máis...
 
A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Camiños do Subconsciente”, do artista local Lucas Molina PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Outubro 2025 11:36

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín acollerá, do 14 ao 21 de outubro, a mostra pictórica “Camiños do Subconsciente”, do artista e tatuador verinés, Lucas Molina. A inauguración terá lugar o martes 14 ás 16:00 horas, e contará con música ao vivo.

Ler máis...
 
O Pleno de Verín aproba por urxencia a execución dunha nova captación de auga no manancial de Miñambres para garantir o subministro municipal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Outubro 2025 13:26

A medida permitirá asegurar a calidade da auga ante o risco de contaminación do Támega tras os recentes incendios forestais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 1002
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>