Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín promove a campaña de sensibilización social '¡¡¡Dona AMOR!!!' para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade 2014 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 13:10

O día 01 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas de Idade 2014 “Sen esquecer a ninguén: promoción dunha sociedade para todos”, o Concello de Verín promove a campaña de sensibilización social  '¡¡¡Dona AMOR!!!', que ten por obxecto conmemorar esta data así como alzar a voz sobre unha das situacións que transitan en silencio un número cada vez maior de persoas maiores: a soidade non desexada: “Devolvamos ás persoas maiores o cariño, coidado e tempo que nos dedicaron” (Plan Xerontolóxico Municipal de Verín).

Ler máis...
 
“XIX Paseo Raiano de Vilarelho da Raia – Ruta dos Pobos Promiscuos” na Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 12:51

O Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín AECT e diversas entidades do Municipio de Chaves e da Comarca de Verín-Monterrei, organiza o 05 de outubro o tradicional Paseo raiano, este ano dedicado aos antigos pobos promiscuos (Cambedo, Lamadarcos e Soutelinho da Raia), no ámbito das conmemoracións dos 150 anos do Tratado Internacional de Límites, celebrado o 28 de setembro de 1864 entre Portugal e España, que marcaron as comunidades raianas dos concellos de Chaves, Verín e Oímbra.

Ler máis...
 
'Contos do Bosque' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 12:48

O vindeiro venres 03 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos do Bosque', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
O Concello de Verín contará con acceso gratuíto a servizos dixitais da administración electrónica que ofrece o Estado PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Setembro 2014 12:22

Os concellos de Verín, Monforte, Mos, Ponteareas e Tui terán acceso a servizos dixitais da Administración electrónica que ofrece o Estado. Estes municipios son os primeiros en adherirse ao convenio asinado no seu día pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que permite á Administración autonómica actuar como nodo de interoperabilidade, facilitando a conexión das entidades locais a servizos proporcionados polo Estado.

Ler máis...
 
O Concello de Verín remodela a cuberta e o salón de actos da Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Setembro 2014 12:32

O Concello de Verín finalizou as actuacións de conservación e mantemento da cuberta e do interior do salón de actos da Casa da Cultura do municipio, co obxecto de subsanar principalmente as deficiencias de filtracións de auga no inmoble.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 591 592 593 594 595 596 597 598 599 600 Seguinte > Final >>

Páxina 594 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>