Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Outubro 2014 08:51

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 26 de setembro de 2014, Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014.

Ler máis...
 
Presentación de 'Viaxe sen retorno' de Manuel Mandianes na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Outubro 2014 12:20

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o xoves 09 de outubro, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro 'Viaxe sen retorno', de Manuel Mandianes Castro.

Ler máis...
 
O Fondo Galego comparte en Holanda a súa experiencia na educación para o desenvolvemento PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Outubro 2014 10:37

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comparte entre onte e hoxe en Holanda a súa experiencia no eido da educación para o desenvolvemento con entidades neerlandesas, alemás e portuguesas. O intercambio de boas prácticas encádrase na segunda fase do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento.

Ler máis...
 
Curso federativo de Monitor de Fútbol Base en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Setembro 2014 12:11

A Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Nacional de Adestradores, e o Concello de Verín promoven a realización dun curso federativo de Monitor de Fútbol Base na localidade, que foi presentado na mañá de hoxe por Enrique Díaz e Víctor Baladrón, tenente de alcalde e concelleiro de Verín respectivamente, José Luis Cachaldora, delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense, Manuel Mosquera, director da Escola de Adestradores, e Javier Losada, responsable do curso en Verín.

Ler máis...
 
Aberta a inscrición para un obradoiro de teatro cómico PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Setembro 2014 11:59

Os mozos e as mozas de Verín que queiran participar nun Obradoiro de Teatro Cómico con 15 horas de formación gratuíta, poden inscribirse até o venres día 03 incluído no Negociado de Cultura do Concello de Verín, na Cruz Vermella; nos IES Xesús Taboada Chivite, García Barbón e Castro de Baronceli; no Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada  e no Colexio Apostólico Mercedario.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 591 592 593 594 595 596 597 598 599 600 Seguinte > Final >>

Páxina 593 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>