|
O derrube de tres inmobles ruinosos na rúa Espido completa a primeira fase das actuacións de salubridade urbanística de Verín |
|
|
|
|
Luns, 16 Novembro 2015 20:19 |
|
O derrube de tres inmobles ruinosos na rúa Espido completa a primeira fase das actuacións de salubridade urbanística de Verín.
Esta actuación ven a sumarse a outras dúas na Travesía de Sousas e na rúa da Muralla.
Próximamente, o Plan de Salubridade Urbanística estenderase a outras zonas de Verín. |
|
A Real Academia da Lingua, felicita á Biblioteca de Verín polo seu labor na promoción á lectura e o traballo cos seus voluntarios. |
|
|
|
|
Luns, 16 Novembro 2015 12:27 |
|
A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibiu unha carta de felicitación de D. Darío Villanueva, Director da Real Academia da Lingua, na que manifesta a súa felicitación máis sincera e a súa gratitude por “la magnifica labor que la Biblioteca Pública Municipal de Verín viene realizando para la promoción de la lectura y la actividad solidaria de voluntarios jóvenes”. |
|
Ler máis...
|
|
O Plan de Rehumanización das rúas de Verín continúa pola rúa Irmáns Moreno |
|
|
|
|
Domingo, 15 Novembro 2015 21:00 |
|
Esta semana, a primeira fase do Plan de Rehumanización das rúas de Verín continúa pola rúa Irmáns Moreno. |
|
Escolares do colexio Amaro Refojo visitan a depuradora de Verín |
|
|
|
|
Sábado, 14 Novembro 2015 16:35 |
|
37 alumnos de cuarto de primaria do colexio Amaro Refojo visitaron onte as instalacións da depuradora de Verín acompañados do alcalde de Verín, Gerardo Seoanee varios profesores do centro educativo.
Esta visita está coordinada polo Concello co entro de ensino e inclúe un percorrido guiado pola depuradora de augas residuais. Un técnico encargouse de que os nenos/as coñezan os pormenores do funcionamento das instalacións.
|
|
O bouzadoiro, unha tipoloxía de vila romana inédita en galicia, sae de novo á luz tras 70 anos |
|
|
|
|
Sábado, 14 Novembro 2015 11:15 |
|
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo e a Concelleira de Cultura, Emilia Somoza, visitaron esta tarde, acompañados de Ignacio Fernández, Gerente do Plan Portas de Galicia, e Pepe da Cruz, Presidente da comunidade de montes os traballos de limpeza e valoración arqueolóxica no xacemento romano do Bouzadoiro, coñecido coma a Igrexa dos Mouros, en terreos da Comunidade de Montes de Cabreiroá (Verín), cuxos comuneros deron autorización ao Concello de Verín para levar a cabo a actuación. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 481 482 483 484 485 486 487 488 489 490 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 486 de 1003 |