|
Verín celebra o seu Cotillón infantil |
|
|
|
|
Mércores, 30 Decembro 2015 14:04 |
|
Mañá xoves 31 de decembro, os nenos e nenas de Verín, a partir das 10:00 horas, poderán despedir o ano celebrando un divertido Cotillón Infantil no Pavillón Municipal de Deportes. Os/as menores gozarán con música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas, e cando cheguen ás 12:00 horas, badaladas para despedir o ano 2015. |
|
Ler máis...
|
|
Reunión do equipo encargado de coordinar o Dispositivo de Seguridade da Cabalgata de Reis |
|
|
|
|
Mércores, 30 Decembro 2015 10:53 |
|
Esta mañá tivo lugar unha reunión técnica enfocada a coordinar os diferentes equipos que interveñen no dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e a Gala dos Reis Magos, que terá lugar en Verín o día 5 de xaneiro. |
|
Ler máis...
|
|
Subvencións para a promoción do emprego autónomo para o ano 2016 |
|
|
|
|
Martes, 29 Decembro 2015 19:39 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. |
|
Ler máis...
|
|
Dispositivo especial de seguridade para a Cabalgata e Gala de Reis 2016 |
|
|
|
|
Venres, 25 Decembro 2015 20:37 |
|
Co fin de continuar coa liña en materia de seguridade e autoprotección en eventos que conten cunha gran afluencia de público asistente, a Concellería de Seguridade Cidadá, tráfico e Protección Civil do Concello de Verín preparou un dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e Gala dos Reis Magos, que terá lugar o 05 de xaneiro. |
|
Ler máis...
|
|
Xosé Carlos Caneiro presenta a súa nova novela “Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo” |
|
|
|
|
Sábado, 26 Decembro 2015 20:02 |
|
O vindeiro mércores 30 de decembro, ás 20.00 h, preséntase no salón de actos da Casa da Cultura de Verín a última novela de Xosé Carlos Caneiro, “Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo”, baixo o amparo da editorial Trifolium. Na presentación , que estará presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, participarán os xornalistas Juan Tallón (O País) e Xosé Manuel Rubín (Voz de Galicia), e o autor dá novela Xosé Carlos Caneiro. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 481 482 483 484 485 486 487 488 489 490 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 485 de 1008 |