Contacontos e Manualidades do Magosto na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Mércores, 11 Novembro 2015 13:16 |
O vindeiro venres 13 de Novembro, a Biblioteca Pública Municipal de?#?Verín? celebra unha actividade de contacontos e manualidades en torno á temática do ?#?Magosto?, para socios/as de 3 a 9 anos. Inscrición obrigatoria a partir do luns 9. |
Arranca o Plan de Rehumanización das rúas de Verín |
|
|
|
Martes, 10 Novembro 2015 14:10 |
Os operarios do Concello de Verín xa se atopan, pola rúa Canella Cega, materializando o Plan de Rehumanización das Rúas de Verín.
Nesta primeira fase plantaranse máis de 200 árbores, instalaranse alcorques para os elementos vexetais e redefiniranse as prazas de aparcamento nas rúas Canella Cega, Irmáns Moreno e Deputación.
|
Artesanía e Gastronomía pilares da I Feira de Outono de Verín |
|
|
|
Luns, 09 Novembro 2015 17:00 |
Esta mañá, a concelleira responsable da área Turismo, Purificación Caldelas, presentou na casa consistorial o programa da primeira edición da Feira de Outono que se celebrará os días 14 e 15 de novembro na Praza Maior de Verín. |
Ler máis...
|
Plan de rehumanización das rúas de Verín |
|
|
|
Domingo, 08 Novembro 2015 10:16 |

O Concello de Verín inicia este luns o Plan de Rehumanización das Rúas, que suporá o redeseño de numerosas aceiras da Vila e a replantación de árbores en zonas que historicamente contaron con eles, pero que as foran perdendo co tempo. As obras comezarán este luns pola rúa da Canella Cega, que pasará así a ser unha rúa arborada. |
Ler máis...
|
O derrube de tres inmobles ruinosos na rúa Espido completa a primeira fase das actuacións de salubridade urbanística de Verín |
|
|
|
Sábado, 07 Novembro 2015 20:14 |
As obras de derrube que escomezan a semana que vén nos tres inmobles ruinosos situados no tramo final da rúa Espido, a carón da Estación de Autobuses, marcan a fin da primeira fase das actuacións de salubridade urbanística iniciadas polo novo Goberno de Verín. Estas actuacións, desenvoltas en todos os casos de mutuo acordo cos propietarios, teñen como obxectivo evitar os riscos implícitos nas ruínas, ampliar as rúas e mellorar o aspecto da vila. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 481 482 483 484 485 486 487 488 489 490 Seguinte > Final >>
|
Páxina 484 de 1000 |