|
O Concello de Verín contará con acceso gratuíto a servizos dixitais da administración electrónica que ofrece o Estado |
|
|
|
|
Luns, 29 Setembro 2014 12:22 |
|
Os concellos de Verín, Monforte, Mos, Ponteareas e Tui terán acceso a servizos dixitais da Administración electrónica que ofrece o Estado. Estes municipios son os primeiros en adherirse ao convenio asinado no seu día pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que permite á Administración autonómica actuar como nodo de interoperabilidade, facilitando a conexión das entidades locais a servizos proporcionados polo Estado. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín remodela a cuberta e o salón de actos da Casa da Cultura |
|
|
|
|
Venres, 26 Setembro 2014 12:32 |
|
O Concello de Verín finalizou as actuacións de conservación e mantemento da cuberta e do interior do salón de actos da Casa da Cultura do municipio, co obxecto de subsanar principalmente as deficiencias de filtracións de auga no inmoble.
|
|
Ler máis...
|
|
“Recuerdos olvidados”, “Carta al alzheimer” e “Olvidando y recordando”, vencedores do concurso 'Dona un Recordo' |
|
|
|
|
Xoves, 25 Setembro 2014 12:59 |
|
As historias “Recuerdos olvidados” e “Carta al alzheimer” e o poema “Olvidando y recordando” foron elixidas como as tres experiencias vencedoras do concurso 'Dona un Recordo', organizado pola Concellería de Benestar Social - Servizos Sociais Comunitarios - Área de Maiores do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro) e concienciar sobre esta enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.
|
|
Ler máis...
|
|
Novas de bolsas, cursos e emprego no Facebook do Concello de Verín |
|
|
|
|
Xoves, 25 Setembro 2014 09:43 |
|
Toda a información sobre as últimas bolsas e axudas, cursos, premios e concursos, ademais de ofertas de emprego no noso Facebook. |
|
Acción formativa para a obtención do graduado en ESO en Verín |
|
|
|
|
Xoves, 25 Setembro 2014 12:58 |
|
O Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal, pon en marcha unha nova acción formativa destinada á preparación das probas libres para a obtención do graduado en ESO, que terán lugar os meses de maio e setembro de 2015.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 581 582 583 584 585 586 587 588 589 590 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 590 de 1003 |