Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Certames literarios e homenaxe a Manuel María no día das Letras Galegas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Maio 2016 09:48

Na Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, celebrada na Casa da Cultura de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde do Concello de Verín, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, en representación da institución promotora dos premios; Benita Fernández Pérez, sobriña do literato difunto Antonio Fernández Pérez; Xosé Carlos Caneiro e e, en representación dos membros do xurado cualificador, Serafín Vázquez Álvarez entregaron os premios do Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez e do Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Ler máis...
 
Presentación do libro "A Edreira. El última bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario)" de José Domínguez na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Maio 2016 09:43

Maña, as 19:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a conferencia do obra A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario) do escritor e periodista José Domínguez. O autor, despois dun longo traballo de investigación documental, preséntanos nesta obra os sucesos ao carón da Edreira refuxio da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. A presentación correrá a cargo de D. Fernando Serrulla Rech, que tamén colaborou nesta obra cos análise criminolóxico e forense.

Ler máis...
 
A obra de teatro O Espantallo Amigo inaugura a programación cultural do novo auditorio de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Maio 2016 17:37

Onte, ás 19:00 horas, o Centro Cultural e das Artes de Verín acolleu o espectáculo teatral de Os Quinquilláns Teatro e a Editorial Galaxia, Espantallo Amigo, adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, organizado polo Concello de Verín. Devandita actuación marca o comezo da programación cultural establecida polo Concello de Verín para o novo Centro Cultural e das Artes.

Ler máis...
 
69 FINALISTAS NOS CERTAMES LITERARIOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Maio 2016 10:23

En total, sesenta e nove alumnos e alumnas de nove colexios e institutos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas Os certames contan, un ano máis, coa colaboración de Gadis.

Ler máis...
 
O 100% dos expositores volverían a participar na I Feira de Solidaria de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Maio 2016 15:20

Segundo as enquisas realizadas polo ente municipal, o 100% dos expositores volverían participar a I Feira Solidaria de Verín celebrada na Praza da Mercé o día 15 de maio. Devanditas enquisas, que  foron respondidas por todas as asociacións participantes (15 postos en total), tamén dan un notable ás vendas na Feira cunha puntuación de 7,53 sobre 10.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 441 442 443 444 445 446 447 448 449 450 Seguinte > Final >>

Páxina 449 de 1003
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>