|
O pontevedrés David Pintos presenta en Verín a obra “Epica”, terceira parte da triloxía titulada “Taimat” |
|
|
|
|
Xoves, 02 Xuño 2016 09:51 |
|
O vinceiro luns 6 de xuño, ás 19:30 horas, a Biblioteca pública Municipal de Verín acolle a presentación de ´Épica´: A terceira parte da triloxía escrita polo pontevedrés David Pintos titulada Taimat. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín presenta a súa axenda cultural de xuño |
|
|
|
|
Mércores, 01 Xuño 2016 11:53 |
|
Esta mañá presentouse na casa consistorial verinesa a programación que a área de Cultura do Concello de Verín preparou para o mes de xuño. A concelleira de Cultura , Emilia Somoza, e o Tenente de Alcalde, Diego Lourenzo, foron os encargados de esbozar as liñas xerais do groso da devandita programación, na que destacan a obra de teatro O principio de Arquímedes, que terá lugar o 11 de xuño no Auditorio Municipal, e a Noite Máxica Celta, que se desenvolverá na Praza Maior, a noite de San Xoán, 23 de xuño. |
|
Ler máis...
|
|
Teatro Atlántico representa en Verín “O principio de Arquímedes” |
|
|
|
|
Mércores, 01 Xuño 2016 11:43 |
|
O principio de Arquímedes, obra da compañía de Teatro do Atlántico que arrasou na entrega dos premios de teatro María Casares 2016, representarase no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 21:00 horas. Así o indicaron esta mañá ante os medios a concelleira de Cultura, Emilia Somoza e o tenente de alcande do Concello de Verín, Diego Lourenzo. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín inaugura a súa primeira zona de aparcadoiro libre |
|
|
|
|
Martes, 31 Maio 2016 17:45 |
|
O grupo de goberno acaba de por en funcionamento a primeira “Zona de Aparcadoiro Libre” das oito previstas para descolapsar o estacionamento das rúas da nosa vila, concretamente entre as rúas Juan Guerra Valdés e a Canella Cega, que pasará a denominarse “Zona de Aparcadoiro Libre núm. 1”. Estas zonas alternativas e disuasorias están pensadas para alixeirar a presión do tránsito viario no centro de Verín, así como para facilitar o acceso dos cidadáns ós servizos públicos e ó comercio local. |
|
Ler máis...
|
|
Música Solidaria en Verín a favor de Cáritas |
|
|
|
|
Martes, 31 Maio 2016 12:23 |
|
O vindeiro 4 de xuño, ás 17:00 horas, terá lugar o Concerto de Música Solidaria a favor de Cáritas Verín na Igrexa Parroquial de Verín. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 441 442 443 444 445 446 447 448 449 450 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 444 de 1003 |