Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Nace “Lázaro Gastronómico”: tradición, innovación e sabor nunha nova proposta municipal
Nace “Lázaro Gastronómico”: tradición, innovación e sabor nunha nova proposta municipal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Marzo 2025 12:35

O Concello de Verín, a través da concellería de Feiras, presenta a primeira edición de “Lázaro Gastronómico”, unha proposta que nace coa vocación de converterse nun referente dentro da programación da Feira do Lázaro e consolidarse como cita clave na axenda culinaria da vila do Támega.



A festa estrutúrase en dúas iniciativas principais: por unha banda, o xa consolidado concurso de pinchos “Pincha no Lázaro”, que celebra a súa segunda edición cun notable incremento de participación; e por outra, a ruta de degustación de pratos con bacallau e solombo, que se celebra por vez primeira os días 5 e 6 de abril.

O obxectivo desta nova proposta é ampliar a oferta gastronómica durante a festividade, poñendo en valor a creatividade e o saber facer dos establecementos locais a través de dous produtos emblemáticos da nosa cociña tradicional como son o bacallau e o solombo.

A través desta ruta, as persoas asistentes poderán percorrer unha selección de dez establecementos da vila que ofrecerán elaboracións propias baseadas nestes ingredientes, con propostas que van desde pratos tradicionais ata interpretacións innovadoras da gastronomía local.

Pola súa banda, o concurso “Pincha no Lázaro”, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de abril, contará este ano coa participación de 20 locais hostaleiros, fronte aos 13 da edición anterior, o que supón un crecemento significativo que reflicte o éxito e o interese xerado na primeira convocatoria.

O concelleiro de Feiras, Transportes e Xuventude, Manuel Lorenzo, destacou «a importancia de seguir apostando pola gastronomía como motor de dinamización local, apoiando ao sector hostaleiro e ofrecendo ao público propostas de calidade e identidade propia. Con “Lázaro Gastronómico” damos un paso máis, unificando experiencias culinarias en distintos formatos e consolidando Verín como destino gastronómico tamén durante a primavera».

Tanto os pinchos como os pratos da ruta terán un prezo fixo e accesible, co fin de facilitar a participación do público e incentivar o consumo nos establecementos locais. Ademais, o público poderá votar os seus pinchos favoritos, participando nun sorteo con premios como un bono de 100 euros, un xamón ou unha cesta de produtos da comarca.

Toda a información sobre os locais participantes, as propostas gastronómicas, horarios e premios pode consultarse na páxina web oficial do Concello de Verín e nas súas redes sociais, onde se irán publicando contidos actualizados ao longo da semana previa ao evento.


- TRIPTICO SABOREANDO VERIN

- PROPOSTA LAZARO GASTRONÓMICO

- LISTADO DE PINCHOS DO LÁZARO EN TAPAS

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>