Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín recibe unha camisola asinada por Pelé nun acto histórico que simboliza a unión entre a vila e o mito universal do fútbol PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 25 Outubro 2025 12:32

O Concello de Verín acolleu este venres, 24 de outubro, no Salón de Actos da Casa da Cultura, un acto histórico de recoñecemento a Edson Arantes do Nascimento “Pelé”, o considerado mellor futbolista de todos os tempos. Durante o evento, José “Pepito” Fornos —mánager e home de confianza do astro brasileiro durante máis de cincuenta anos— fixo entrega ao Verín F.C. da camisola oficial da Selección Brasileira asinada e adicada polo propio Pelé, un agasallo cargado de simbolismo que representa a unión entre o “rei do fútbol”, o deporte galego e a vila de Verín.

Ler máis...
 
A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibe o Galardón María Moliner 2025 polo proxecto sobre a pioneira investigación psicolóxica de Eloy Luis André PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2025 12:52

A Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de ser galardoada, un ano máis, nos Premios María Moliner de Animación á Lectura 2025, outorgados polo Ministerio de Cultura e Deporte a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria. Estes premios recoñecen anualmente os mellores proxectos das bibliotecas municipais españolas destinados a fomentar a lectura, promover a inclusión social e impulsar a participación cidadá na vida cultural.

Ler máis...
 
Música, cervexa, gastronomía e bo ambiente: a Festa da Cervexa de Verín supera as expectativas e consolídase como referente do outono PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Outubro 2025 12:13

A quinta edición da Festa da Cervexa de Verín pechou a pasada fin de semana cun balance moi positivo tanto en participación como en satisfacción do público e da hostalería local. Segundo a enquisa de valoración impulsada polo Concello, máis do 90 % das postos participantes cualificaron o evento como “moi satisfactorio” ou “excelente”, destacando a boa organización, o ambiente festivo e a oferta musical e gastronómica.

Ler máis...
 
A actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola presenta en Verín os unipersoais “Minas” e “Abanderada” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Outubro 2025 13:18

O Auditorio Municipal de Verín acollerá esta fin de semana dúas propostas teatrais de alto nivel da man da actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola, que presentará os seus espectáculos “Minas” e “Abanderada”, dúas pezas unipersoais que combinan emoción, humor e reflexión social.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Outubro 2025 00:00

O Concello de Verín vén de publicar o anuncio oficial para a contratación de persoal laboral temporal, co obxectivo de reforzar os servizos municipais de Axuda no Fogar – Dependencia e Socorrismo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 1003
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>