Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Chaves e Verín contarán cunha Escola Superior de Saúde da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 26 Outubro 2013 16:15

Os rexedores de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, recibiron hoxe a responsables (vicerrector e responsables de área médica e de enfermería) da Universidade de Barcelona para visitar o territorio da Eurocidade co obxecto de presentar un proxecto educativo destinado a ampliar a oferta formativa da Escola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado de Chaves, que pasará a denominarse Escola Superior de Saúde da Eurocidade.

Ler máis...
 
O fotoxornalista Rober Amado prepara en Cabo Verde unha exposición para o Fondo Galego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Outubro 2013 12:34

O fotógrafo Rober Amado áchase ata finais de mes en Cabo Verde retratando a vida no arquipélago africano e os proxectos alí apoiados durante os últimos once anos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para preparar unha exposición que logo xirará por municipios de toda Galicia. A viaxe forma parte do premio da primeira edición de ‘Imaxes con Fondo’ 2012, certame que o fotoxornalista ferrolán residente no Carballiño gañou o pasado ano.

Ler máis...
 
Xoel González Sousa, gañador do segundo concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Outubro 2013 10:50

A Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu a segunda edición do concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca', co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre os público infantil e xuvenil, que foi vencido por Xoel González Sousa (13 anos).

Ler máis...
 
A sección de atletismo de Verín inicia a súa participación en competicións oficiais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Outubro 2013 10:47

A sección do club atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Verín, creado nesta tempada, segue a desenvolver as sesións preparatorias para participar na súa primeira competición atlética oficial.

Ler máis...
 
Financiamento operativo das pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Outubro 2013 07:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 21 de outubro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras do programa de apoio do Igape para facilitar o acceso ao financiamento operativo das pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños, financiado pola Consellería do Medio Rural e do Mar e instrumentado mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>

Páxina 690 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>