|
O Concello de Verín e AEVER-CCU Verín editan un álbum de cromos das EDC de Verín |
|
|
|
|
Xoves, 24 Outubro 2013 11:12 |
|
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín (AEVER-CCU Verín), José Ángel Rodicio Portela, presentaron esta mañá unha innovadora iniciativa económico-deportiva: a edición dun álbum de cromos das disciplinas competitivas EDC Concello de Verín (fútbol 11, fútbol 8, fútbol-sala, atletismo e natación).
|
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín asina un convenio con Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal |
|
|
|
|
Xoves, 24 Outubro 2013 11:11 |
|
O Concello de Verín acaba de asinar un convenio co grupo Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal, que serán repartidos de modo diario entre as familias que máis o necesiten deste municipio.
|
|
Ler máis...
|
|
Modificación do prazo de presentación da lincenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos das axudas para a modernización das explotacións agrarias |
|
|
|
|
Xoves, 24 Outubro 2013 08:47 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 15 de outubro de 2013 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.
|
|
Ler máis...
|
|
Encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde' na Eurocidade |
|
|
|
|
Mércores, 23 Outubro 2013 12:10 |
|
A Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ e a CEG e o apoio do Gabinete Técnico da Eurocidade, organiza os días 14 e 15 de novembro o encontro 'Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde (do pano da mesa ao plan de negocio), ao abeiro do proxecto Emprende, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal (POCTEP).
|
|
Ler máis...
|
|
Conmemoración do 'Día Internacional das Bibliotecas' en Verín |
|
|
|
|
Luns, 21 Outubro 2013 10:30 |
|
O vindeiro xoves 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Día Internacional das Bibliotecas' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 691 692 693 694 695 696 697 698 699 700 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 691 de 1008 |