Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Novembro 2013 12:04

Desde o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar infórmase da publicación da resolución do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Ler máis...
 
Imaxes da presentación oficial das disciplinas competitivas EDC Concello de Verín (Tempada 2013-2014) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Novembro 2013 11:21

O complexo deportivo de A Granxa acolleu a presentación oficial das EDC de Verín, para a tempada 2013-2014. Na mesma participaron os/as nenos/as pertencentes ás disciplinas competitivas EDC Concello de Verín (fútbol 11, fútbol 8, fútbol-sala, atletismo e natación). Durante a presentación tamén recibiron un exemplar do álbum de cromos editado polo Concello de Verín e AEVER-CCU Verín, e presentouse a mascota oficial das EDC de Verín: Supergotiña.

Ler máis...
 
Imaxes do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Novembro 2013 10:46

A Casa da Cultura de Verín acolle durante estas semanas as representacións do 'IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes. Todas as imaxes en https://www.facebook.com/media/set/?set=a.636651373053016.1073741939.217939911590833&type=1

 
O conselleiro de Medio Ambiente visita Verín para anunciar que a ampliación do parque industrial de Pazos estará finalizada no primeiro semestre do 2014 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Novembro 2013 13:14

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe a primeira fase das obras de ampliación do parque empresarial de Pazos na localidade ourensá de Verín, acompañado polos alcaldes de Verín e Monterrei, Juan Manuel Jiménez e José Luís Suárez, respectivamente; e o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.

Ler máis...
 
O Fondo Galego cofinancia tres proxectos de ONGD en Mozambique, El Salvador e Cuba PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Novembro 2013 15:01

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará con 76.810 euros tres proxectos de ONGD galegas en Mozambique, El Salvador e Cuba. A Asemblea xeral de socios celebrada esta mañá en Santiago de Compostela aprobou as propostas presentadas por Ecos do Sur, Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz para desenvolver áreas como a educación ou a prevención de riscos en países empobrecidos. As dúas deputacións e os 90 concellos socios do Fondo Galego estaban chamados a participar na xuntanza, celebrada na sede da Fegamp, onde tamén se presentou o novo Plan de Comunicación Online da entidade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>

Páxina 684 de 1008
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>