|
Bolsas de formación práctica na área de sanidade de produción agraria |
|
|
|
|
Mércores, 23 Abril 2014 09:50 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde AAA/636/2014, do 10 de abril, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica na área da sanidade da produción agraria para titulados universitarios e se convocan bolsas para o ano 2014.
|
|
Ler máis...
|
|
Trece novas accións formativas na aula CeMIT de Verín |
|
|
|
|
Martes, 22 Abril 2014 11:26 |
|
Durante o mes de maio, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará trece novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 22 Abril 2014 11:11 |
|
Coa chegada do verán aumenta o risco de incendios forestais no noso Concello considerado como un dos concellos de "alto risco". É de máximo interese para todos os veciños de Verín que as fincas, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.
|
|
Ler máis...
|
|
‘Día Internacional do Libro’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
|
Luns, 21 Abril 2014 11:59 |
|
O vindeiro mércores 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
|
Ler máis...
|
|
Subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia |
|
|
|
|
Luns, 21 Abril 2014 11:48 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 8 de abril de 2014, Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 637 de 1008 |