|
Os 'Arquetipos' de Elssa na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
|
Martes, 06 Maio 2014 10:10 |
|
Baixo o título 'Arquetipos', a pintora ourensá Elssa mostrará una colección de obras na Sala de Exposicións de Verín desde o sábado día 10 de maio ao 14 de xuño. |
|
Ler máis...
|
|
O Fondo Galego destina 100.000 euros a proxectos dos axentes galegos de cooperación no Sur |
|
|
|
|
Luns, 05 Maio 2014 10:43 |
|
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinará este ano un mínimo de 100.000 euros ao financiamento de proxectos de axentes de cooperación galegos en países do Sur. A asociación de concellos e deputacións vén de lanzar a convocatoria de subvencións, que permanecerá aberta ata o 30 de xuño.
|
|
Ler máis...
|
|
Música, maios artísticos e espectáculo de marionetas 'O Titiricircus' conmemorarán a 'Festa dos Maios' de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 30 Abril 2014 11:21 |
|
A praza da Alameda de Verín será escenario mañá, 01 de maio, da tradicional celebración da 'Festa dos Maios', na que está prevista a realización de actividades como: exhibición dos maios tradicionais e artísticos, torneos de chave e petanca, actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín e o espectáculo 'O Titiricircus' da compañía Títeres Tanxarina.
|
|
Ler máis...
|
|
'O Titiricircus' na Alameda de Verín |
|
|
|
|
Martes, 29 Abril 2014 11:54 |
|
Para celebrar o 25 aniversario do Titiricircus, a compañía Tanxarina Títeres traerá de novo a Verín este espectáculo de marionetas de fío e actores do que se levan realizado máis de 1000 funcións e que se presentou en festivais de referencia en América, África e Europa. O acto, organizado polo Concello de Verín, e patrocinado en conxunto coa Consellería de Cultura a través do programa Cultura no Camiño, celebrarase no parque da Alameda o día 1 de maio ás 12 horas.
|
|
Ler máis...
|
|
O club EDC Verín Atletismo participa na cuarta edición do circuíto “Correndo por Ourense” |
|
|
|
|
Martes, 29 Abril 2014 11:48 |
|
O club EDC Verín Atletismo participou na cuarta edición do circuito “Correndo por Ourense”. A nutrida expedición atlética verinense contou tamén coa participación de varios deportistas que pertencerán ao club na próxima tempada, pero que xa están a acompañar á sección de atletismo nalgunhas probas deste ano co obxecto de reforzar a súa aprendizaxe. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 633 de 1008 |