"Vibra Verín” volve coa súa segunda edición: 3 días de música e percusión na vila do Támega |
|
|
|
Xoves, 11 Maio 2023 13:02 |
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da segunda edición do Festival de Percusión Vibra Verín, no Auditorio Municipal de Verín. Serán tres días nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta a programación das actividades do Día das Letras Galegas en Verín |
|
|
|
Mércores, 10 Maio 2023 11:57 |
O Concello de Verín presentou esta mañá a programación de actividades que se desenvolverán en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. Diego Lourenzo Moura, en representación do área de Cultura, confirmou as actividades que terán lugar entre o 12 e o 19 de maio. |
Ler máis...
|
Verín celebra o Día da Xuventude en Galicia cunha xornada de actividades educativas e de ocio |
|
|
|
Martes, 09 Maio 2023 10:58 |
O vindeiro sábado 13 de maio, Verín celebrará e porá en valor o Día da Xuventude cun evento que terá lugar na Praza García Barbón (no caso de inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes), de 16 a 21 horas, e contará coa actuación musical da verinesa Victoria Pérez Gascón, ás 20:30 horas. Trátase dunha iniciativa que incluirá unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás súas familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. |
Ler máis...
|
56 finalistas nos certames literarios das letras galegas |
|
|
|
Luns, 08 Maio 2023 11:06 |
Trinta narracións presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e vinte e seis poemas á do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas. |
Ler máis...
|
Verín converteuse en epicentro da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz |
|
|
|
Venres, 05 Maio 2023 13:06 |
Verín converteuse a semana pasada no epicentro da arte teatral coa realización dun taller de adestramento de clown, liderado polo recoñecido mestre arxentino de máscaras e clown Marcelo Katz e realizado en colaboración con Santiago Cañaveral, director do teatro local Kotodama, e o Concello de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>
|
Páxina 53 de 995 |