Un instituto e dous colexios fanse cos primeiros premios dos certames literarios |
|
|
|
Xoves, 18 Maio 2023 13:54 |
Os primeiros premios dos certames Xosé Carlos Caneiro Pérez (poesía) e Antonio Fernández Pérez (relato curto), organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas, foron este ano para alumnado do IES Castro de Baronceli, Colexio Plurilingüe María Inmaculada e CEIP Amaro Refojo. Cada un destes centros levouse dous primeiros premios. |
Ler máis...
|
BANDO | LIMPEZA OBRIGATORIA DE BIOMASA NOS NÚCLEOS RURAIS |
|
|
|
Xoves, 18 Maio 2023 11:30 |
De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal. |
Ler máis...
|
Gemma Chapela e Francisco Vilaboa inaguraron o palmarés da proba organizada en Verín polo Bicicletas Chinquena |
|
|
|
Martes, 16 Maio 2023 12:53 |
A segunda xornada da Copa Galicia de Descenso 2023 supuxo unha estrea no calendario autonómico. Na localidade ourensá de Verín, o Bicicletas Chinquena Racing Team organizou a primeira edición do DH Cabreiroá, unha proba que expandiu o flow do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego e que tivo como riders máis rápidos ao elite Francisco Vilaboa (Singletrack) e á líder elite Gemma Chapela (VK Bikes). Tres camisolas da xeral pertencen a novos propietarios. |
Ler máis...
|
De Bélxica a Verín: Ialma canta a Rosalía nestas Letras Galegas |
|
|
|
Luns, 15 Maio 2023 16:24 |
O grupo de pandeireteiras belgas fillas de emigrantes galegos realizan nestas Letras Galegas unha xira moi especial polo país. Estarán en Galicia dende o 13 ao 17 de maio, sendo unha das súas paradas Verín. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei |
|
|
|
Venres, 12 Maio 2023 10:51 |
O Concello de Verín e o Club BTT Verín veñen de presentar a XIII Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 21 de Maio do 2023. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 45 Km. (dificultad media) e 65 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Laza. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>
|
Páxina 52 de 995 |