|
O grupo de goberno verinés asina a primeira modificación da RPT despois de cinco anos de paralización |
|
|
|
|
Venres, 15 Xullo 2016 14:32 |
|
Tras cinco anos de estancamento nas negociacións, o grupo de goberno verinés, en cumprimento con normativa vixente, asina hoxe unha modificación na relación de postos de traballo (RPT) respecto o colectivo da Policía Local Municipal regularizando así a situación relativa a súa especificidade e peculiar estrutura laboral. Este acordo entrará en vigor unha vez aprobado no próximo pleno municipal. Así o confirmaron esta mañá na casa consistorial Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior e Cándida Couñago, concelleira de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil. |
|
Ler máis...
|
|
A Ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago recibe aos seus primeiros embaixadores |
|
|
|
|
Xoves, 14 Xullo 2016 17:32 |
|
Os postos de atención turística do territorio, Verín, Chaves e Vidago atópanse, neste preciso momento, proporcionando os primeiros diplomas de embaixador/a de as augas da Eurociudad Chaves-Verín. “O Pasaporte do Auguista” da ruta termal e da auga Verín -Chaves-Vidago, atópase dispoñible nas devanditas oficinas turísticas desde a súa presentación oficial o pasado mes de xuño con motivo da inauguración do balneario pedagóxico de Vidago. |
|
Ler máis...
|
|
As AECTs Chaves-Verín e Douro-Douro afianzan en Salamanca unha alianza estratexia pola captación de fondos da área atlántica |
|
|
|
|
Xoves, 14 Xullo 2016 08:01 |
|
O Pasado martes, 12 de xullo, as AECTs Eurocidade Chaves-Verín e Douro-Douro reuníronse en Trabanca, provincia de Salamanca, para sentar as bases dun proxecto conxunto que dinamice económica e socialmente os territorios de ambas as agrupacións transfronteirizas. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello organiza unha nova edición das súas Feiras de Verán |
|
|
|
|
Mércores, 13 Xullo 2016 12:36 |
|
Aproveitando a maior afluencia de xente nestes meses estivais o Concello de Verín organiza, este domingo 17 de xullo, unha nova edición das súas feiras de verán na Praza da Alameda de Verín, polo que tanto o tráfico como o estacionamento estarán restrinxidos de 7:00 a 15:00 horas. |
|
Debido á gran demanda, O Concello de Verín organiza un grupo extraordinario para o Campamento do Invernadoiro |
|
|
|
|
Martes, 12 Xullo 2016 16:23 |
|
Debido á gran demanda alcanzada este ano polo Campamento do Invernadoiro, que terá lugar do 22 ao 27 de agosto, desde a Concellería de Mocidade de Verín decidiuse organizar un novo campamento extraordinario que comezará o próximo 27 de agosto e estenderase ata o 1 de setembro. Así o confirmaron esta mañá ante os medios de comunicación o tenente de alcalde e concelleiro da área de Mocidade, Diego Lourenzo e a técnico da Oficina da Oficina de Información Xuvenil, Blanca López Mascareñas. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 431 432 433 434 435 436 437 438 439 440 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 431 de 1003 |