|
Un total de 16 adegas da comarca participarán na XI Feira do Viño de Monterrei |
|
|
|
|
Martes, 26 Xullo 2016 15:23 |
|
A Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei, que se celebrará en Verín entre os próximos 12 e 14 de agosto, contará coa participación de 16 das 24 adegas que conforman a D.O, idéntico número que en 2014. Esta cifra evidencia, segundo destacou a presidenta do Consello Regulador da D.O Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no Concello de Verín que "o interese dos adegueiros da comarca por tomar parte na iniciativa consolídase". Na súa intervención, Asunción Rodríguez aproveitou, ademais, para agradecer a todas as adegas participantes a súa implicación na XI edición da Feira, cuxo acto de inauguración terá lugar na Alameda de Verín o próximo 12 de agosto a partir das 20,00 horas. |
|
Ler máis...
|
|
Cento trinta nenos e nenas celebran o día de Galicia na ludoteca de Verín |
|
|
|
|
Sábado, 23 Xullo 2016 17:59 |
|
Onte, 22 de xullo, o servizo da ludoteca de Verán – Campamento Urbano do Concello de Verín organizou, con motivo da festividade do día de Galicia, unha xornada de xogos na que participaron cento trinta nenos/as integrantes deste servizo de conciliación e coeducación. |
|
Ler máis...
|
|
O goberno municipal de Verín culpa a Jiménez Morán de mentir para urdir unha imaxe que perxudica ó conxunto da vila |
|
|
|
|
Sábado, 23 Xullo 2016 17:48 |
|
O Goberno municipal de Verín desmentiu hoxe rotundamente as afirmacións de Jiménez Morán sobre a perda de fondos do Ministerio de Facenda por parte do Concello. Tal e como consta nos xustificantes recibidos no consistorio, o Ministerio recoñece que xa conta con toda a información contable requirida, e que procederá a librar as subvencións para Verín sen que se perda ningún fondo. |
|
Ler máis...
|
|
A Policía Local de Verín investiga os actos vandálicos acontecidos a madrugada do venres na Praza da Alameda |
|
|
|
|
Venres, 22 Xullo 2016 13:01 |
|
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, fíxose eco hoxe dos actos vandálicos que se produciron, durante a madrugada do venres na Praza da Alameda, nos que un/uns descoñecido/s arrincaron unhas cen plantas recentemente plantadas, como parte do proxecto de adecuación da Praza da Alameda que esta levando a cabo nestes momentos o ente municipal. |
|
Ler máis...
|
|
Verín estende a súa oferta de cine a todo o territorio da Mancomunidade con sesións ó aire libre durante o verán |
|
|
|
|
Xoves, 21 Xullo 2016 14:49 |
|
A decidida aposta do Goberno de Verín pola reimplantación do cine na comarca como elemento de vertebración cultural da un novo paso este verán, coa extensión das sesións de cine ó aire libre a tódolos concellos da Mancomunidade, en base a un convenio con esta entidade, e a ampliación dos horarios do cine comercial de tempada na Casa da Cultura de venres a luns, nalgún casos ata o martes, inclusive. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 421 422 423 424 425 426 427 428 429 430 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 429 de 1003 |