|
AEVER presenta una nova edición da “Pasarela Verín de Moda” |
|
|
|
|
Martes, 06 Setembro 2016 18:48 |
|
Hoxe, martes 6 de setembro, presentouse na sede da Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) a “Pasarela Verín de moda 2016” que se celebrará o día 24 de setembro, as 19:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes. Esta iniciativa súmase os actos que se reparten ó longo do ano para promover o atractivo turístico, cultural e comercial de Verín. O evento está organizado por AEVER coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 06 Setembro 2016 11:36 |
|
Desde o Concello de Verín informamos da seguinte ALERTA METEOROLÓXICA
|
|
O Concello de Verín asina un convenio coa Diocese de Ourense para convocar un concurso de ideas co obxecto de reordenar a contorna da Igrexa Santa María |
|
|
|
|
Venres, 02 Setembro 2016 15:50 |
|
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinou esta maña un convenio de colaboración coa diocese de Ourense para realizar un concurso de ideas (enfocado a arquitectos), co obxecto de reordenar a contorna da Igrexa Santa. María a Maior de Verín, que dotará a vila dunha nova praza de, aproximadamente, 2500 metros cadrados, similar en dimensións a Praza García Barbón. O concurso de ideas, que se convocará nun breve período de tempo, outorgará un premio de 15.000 euros ao proxecto gañador e dous accésits de 5000 euros cada un. |
|
Ler máis...
|
|
Verín celebra o seu segundo festival da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval na Praza Maior |
|
|
|
|
Xoves, 01 Setembro 2016 16:08 |
|
Esta mañá, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, e o Director de Adiccag (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá), Pablo Casanova, presentaron, na casa consistorial, o programa do II Festival da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval, organizado por Adiccag e o Concello, que se celebrará en Verín os días 9, 10 e 11 de setembro. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín comeza a última actuación que permitirá o inicio das obras de reforma da Estrada de Laza |
|
|
|
|
Mércores, 31 Agosto 2016 16:58 |
|
O Concello de Verín procedeu a executar a derriba de dous inmobles situados no número 15 da Estrada de Laza. Esta actuación permitirá o inicio das obras de reforma deste importante viario que dá acceso ó Hospital de Verín, e é un dos máis transitados da Vila. Esta obra forma parte de la terceira Fase do Plan de Rehumanización elaborado polo Concello de Verín -que consiste no acondicionamento, reordenación de aparcamento e asfaltado da Estrada de Laza- que se desenvovelverá en colaboración coa Xunta de Galicia e que terá importantes implicacións na mobilidade do tránsito peonil e rodado en Verín. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 421 422 423 424 425 426 427 428 429 430 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 422 de 1003 |