|
Concello e propietarios dos balnearios de Verín asinan en Expourense os convenios para a reapertura das fontes tradicionais de Fontenova, Cabreiroá e Sousas |
|
|
|
|
Venres, 29 Xullo 2016 13:59 |
|
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e os representantes dos balnearios de Fontenova, Cabreiroá e Sousas asinaron esta mañá ante o director xerente de Expourense e Termatalia, Alejandro Rubín; o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo; o presidente de Inorde, José Manuel Rodríguez, e secretario técnico da Eurocidade Chaves Verín, Pablo Rivera, sendos convenios de colaboración para reabrir as fontes tradicionais que fixeron famoso o auguismo en Verín dende principios do século XX. Integraranse na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves, proporcionando asistencia médica, pack do auguista e diploma acreditativo. |
|
Ler máis...
|
|
BANDO - ACTIVIDADES ACUÁTICAS BATUCADA 2016 |
|
|
|
|
Xoves, 28 Xullo 2016 00:00 |
|
GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que o venres 29 de xullo, con motivo da celebración das actividades acuáticas que se desenvolverán na praia fluvial enmarcadas dentro da festividade da Batucada 2016, queda prohibido tirarse dende a pasarela do río Támega situada na zona mencionada en horario de 16:00 horas a 20:00 horas. |
|
Ler máis...
|
|
BANDO- DESFILE DA BATUCADA 2016 |
|
|
|
|
Xoves, 28 Xullo 2016 00:00 |
|
GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que o sábado 30 de xullo, con motivo da celebración do Desfile da festividade da Batucada 2016, as seguintes rúa permanecerán cortadas ao tráfico rodado en horario de 19:00 a 21:00 horas: |
|
Ler máis...
|
|
O retorno do cinema a Verín superou xa os 5.000 espectadores |
|
|
|
|
Mércores, 27 Xullo 2016 13:44 |
|
O vindeiro xoves 28, na Praza dá Mercé de Verín, arrincará a última etapa da aposta do Concello e a Mancomunidade de Monterrei polo retorno do cinema á vila, logo de case tres lustros de que botase o cadeado o último cinema comercial. Neste caso, trátase de cinema ao aire libre, que rotará por todos os municipios da comarca, cos títulos Del Revés e Jurassic World, nas prazas e localizacións que sinale cada concello. |
|
Ler máis...
|
|
Exposición “Verín, o ferrocarril soñado” no Auditorio Municipal de Verín |
|
|
|
|
Martes, 26 Xullo 2016 15:59 |
|
A partir de maña, e ata finais de setembro, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a exposición ”Verín, o ferrocarril soñado” de Alberte Blanco Casal. Sobre os soños de homes adiantados ao seu tempo, como André, Eduardo Chao ou Gallego Bazal vai esta exposición, baseada no traballo de investigación “O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense”, editado pola Deputación de Ourense en 2015, e do que é autor o profesor Alberte Blanco Casal. |
|
Ler máis...
|
|
|