Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín |
|
|
|
Sábado, 27 Abril 2024 09:53 |
O mércores 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maio, cun total de 10 esculturas efémeras. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamén unha nova edición da Feira Solidaria que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. |
Ler máis...
|
Abertas as bases de inscrición para os Maios 2024 |
|
|
|
Martes, 23 Abril 2024 14:34 |
Na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza o día 1 de maio unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou -só para o alumnado de Infantil- feitos con refugallos. Este ano, o recadado coas coplas solidarias destinarase as necesidades da infancia na franxa de Gaza. |
Ler máis...
|
Verín acolle a Copa de España DHI Pozo do Demo 2024 |
|
|
|
Luns, 22 Abril 2024 18:34 |
. O Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organiza, co patrocinio do Concello de Verín, a segunda edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá. Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá, poñendo a proba as súas habilidades e servindo de escaparate para o que por moitos xa é considerado un dos mellores circuitos de España. Devandito evento conta tamén co apoio da Real Federación Española de Ciclismo, Federación Galega de Ciclismo e Xunta de Galicia. |
Ler máis...
|
O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da comedia “Neura” de Ste Xeito Produccións |
|
|
|
Mércores, 17 Abril 2024 12:58 |
O martes 30 de abril, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “Neura”, unha comedia de Ste Xeito Produccións dirixida por Manuel Pombo. |
Ler máis...
|
o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "Godzillla-Kong” |
|
|
|
Martes, 09 Abril 2024 14:35 |
Os días 5, 6 e 7 de abril, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "Godzillla-Kong” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 968 |