Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín organiza unha andaina nocturna ata Os Milagros PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Agosto 2022 11:38

O Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas preparan unha andaina para a vindeira noite do 3 ao 4 de setembro.

Os camiñantes chegarán ata o Santuario dos Milagros subindo o alto das Estivadas. O percorrido sairá desde a Casa do Escudo ás 21:00 horas, confirmaron o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da Asociación de sendeiristas, Amaya Álvarez.

A andaina ten un prezo de 5 € e para a volta habilitarase un autobús con prazas limitadas. Pola seguridade dos camiñantes, será conveniente levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións e dos servizos necesarios durante o camiño.


Ler máis...
 
A VII edición do FIC Vía XIV arrinca cunha actividade que combina música e cinema PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Agosto 2022 08:24

Os seguidores e seguidoras do FIC Vía XIV de Verín saben que un dos eixes fundamentais que ten abordado o certame ao longo das súas diferentes edicións é a relación tan estreita que une música e cinema. Neste sentido, en cada un dos festivais celebrados ata o momento desenvolveuse algunha actividade paralela que exploraba a relación entre estas dúas disciplinas.

Ler máis...
 
Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despiden o verán con dúas semanas ateigadas de actividades PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Agosto 2022 14:35

  A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín programan unha serie de xornadas ateigadas de actividades para dar remate a un verán que os pequenos despedirán por todo o alto.


Despois de visitar nesta semana a exposición de Roberto Verino, os nenos e nenas do Campamento Urbano teñen a axenda moi apretada estes días. O 29 de agosto realizarán manualidades fabricando un suxeta móbiles eles mesmos. Un día despois, o 30, participarán nunha actividade coa Cruz Vermella na que traballarán varios temas relacionados coa saúde de maneira lúdica (primeiros auxilios, alimentación, hixiene, etc). Incluso poderán facer de médicos por un día (co seu estetoscopio e o seu malentín). O ultimo día de agosto será moi movido realizando piragüismo


Ler máis...
 
O vindeiro xoves 25, último día para disfrutar da Exposición 40 anos de Estilo Verino en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Agosto 2022 07:36

A mostra de fotografías dos 40 anos de estilo Verino chega ao seu fin este xoves 25 de agosto. Logo de case dous meses trala súa apertura, o resumo de afluencia non pode ser máis positivo. Para os que aínda non acudiron, se trata de 40 fotografías representativas destas catro décadas de moda, na que se pode ver a evolución da propia da enseña e na que o fío conductor é un estilo propio e inconfundible que se percibe nas instantáneas. “Se nos percatamos no que nos aporta esta selección de fotos, podemos ver unha linguaxe propia que vai no noso ADN. Un código de elegancia, sen estridencias, con selo para todos aqueles que desexan estar ben consigo mesmos”, aporta o deseñador Verino.

Ler máis...
 
As axudas por zona catastrófica son concedidas a Verín polos incendios de xullo e agosto de 2022 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Agosto 2022 07:33

O Consello de Ministros aprobou a concesión de axudas a Verín polos danos provocados polos incendios forestais de xullo e agosto de 2022. O concello solicitara ao Ministerio do Interior a declaración de Zona Afectada Gravemente por Emerxencias de Protección Civil (zona catastrófica) no municipio. A declaración esta á espera de ser aprobada, mais o Ministerio do Interior conta cun procedemento rápido para casos de emerxencia coma este, mediante o cal as axudas chegan de xeito máis urxente.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 927
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>