O FIC Vía XIV dará o pistoletazo de saída nas rúas de Verín con “Casperverk: música fóra da pantalla” |
|
|
|
Mércores, 24 Xullo 2024 19:50 |
O xoves 29 de agosto, ás 22:15 bota andar a 9º edición do FIC Vía XIV nas rúas de Verín. O pistoletazo de saída será coa actividade “Casperverk: música fóra da pantalla”, que xa é un clásico do festival. Durante o evento, musicalizaranse catro curtas en directo na Praza García Barbón e, ademais, o xornalista Ivan Iglesias, presentará o programa completo da edición ao público. Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, anima “a toda a xente de Verín a asistir a esta inauguración, que sacamos á rúa porque, para a organización, o FIC é un festival que habita Verín”. |
Ler máis...
|
Verín dará inicio a Batucada cun Desfile Infantil protagonizado por os nenos e nenas da Ludoteca |
|
|
|
Mércores, 24 Xullo 2024 12:58 |
Este venres 26 de xullo, os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín desfilarán polas rúas da vila no "Desfile da Ludobatucada", dando a benvida a Batucada 2024. A actividade, que este ano xira arredor da temática "doces", fará a súa saída ás 11:00 horas dende o edificio de educación infantil do CEIP Amaro Refojo de Verín “Módulos”. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín aposta pola enerxía solar en oito dos seus edificios municipais |
|
|
|
Mércores, 24 Xullo 2024 09:31 |
Oito dos principais edificios municipais do Concello de Verín contarán con paneis fotovoltaicos. Esta medida busca reducir de maneira notable o consumo eléctrico e as emisións de CO2. A instalación destes paneis supón un investimento total de 118.787,29 euros por parte do ente municipales, estando esperando financiado por fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros). |
Ler máis...
|
Música, baile e diversión para todas as idades na festa da Batucada de Verín |
|
|
|
Martes, 23 Xullo 2024 12:35 |
Os días 26 e 27 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, como desfiles infantís, a festa da espuma e da auga e máis de dez horas de animación musical variada . Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival |
|
|
|
Venres, 19 Xullo 2024 14:47 |
O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV trae un ano máis unha chea de concertos de estilos variados a Verín, seguindo a filosofía de mesturar o cinema con outras disciplinas artísticas, así como tamén sacar o FIC á rúa. Este ano, pasaran pola vila a londinense afincada en Coruña, Sophie Simonds, a banda de folk emerxente Kedirán, e Mr. Cool, unha cara xa coñecida no festival e que poñerá o broche final. Todos os concertos serán no exterior do auditorio, agás adversidades meteorolóxicas, que se trasladará para o hall do mesmo. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 984 |