Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín capacita á Xeración Maior co Proxecto "Doantes de Sabedoría" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Setembro 2023 10:08

O Concello de Verín, nun esforzo por enriquecer a vida dos residentes maiores da comunidade, vén de anunciar a implementación de dous cursos clave como parte do Proxecto "Doantes de Sabedoría". Estes cursos están deseñados especificamente para empoderar aos nosos queridos maiores, brindándolles as habilidades e coñecementos necesarios para participar plenamente na era dixital e sacar o máximo proveito da tecnoloxía moderna.

Ler máis...
 
José Luís Tielas Santiago asume a dirección do Conservatorio profesional de Música de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Setembro 2023 13:37

Onte tivo lugar no Auditorio de Verín a inauguración do ano lectivo no Conservatorio Profesional de Música de Verín. Este acontecemento non só marcou o inicio dun novo ciclo educativo, senón que tamén foi o momento elixido para presentar oficialmente ao novo director do centro, José Luís Tielas Santiago. A recepción estivo presidida polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e pola concelleira responsable da área de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo, Samanta Barreira.

Ler máis...
 
«Mundo Árabe»: Nova sección na Biblioteca do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Setembro 2023 21:12

A Biblioteca do Concello de Verín ven de crear a nova sección "Mundo Árabe", un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que profundizan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais.


Ler máis...
 
Un total de 32 curtas participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, certame que este ano triplica a súa axenda de actividades paralelas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Setembro 2023 12:52

Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, cuxo programa de actividades arrincará oficialmente o vindeiro venres, 8 de setembro.Durante nove días, os habitantes da comarca e aqueles e aquelas que se acheguen ata a zona poderán desfrutar,ademais do visionado dos films que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, dun amplo programa de 21 actividades paralelas (o triple que en anteriores edicións do foro).

Ler máis...
 
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín incluirá por vez primeira unha categoría infantil como nova sección oficial PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Agosto 2023 10:29

O FIC Vía XIV intensificará neste 2023 as actividades que adoita orientar ao público infantil, unha axenda que de sempre contou cunha ampla aceptación entre a cativada de Verín e comarca. Así, por vez primeira este ano, a organización do certame decidiu incluir na grella oficial unha categoría infantil con catro curtas programadas especialmente para seren visionadas polos máis pequenos. Trátase dos traballos O Monstro e a nena; Ovo; Papirola e Chimborazo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 968
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>