Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín acolle a presentación da obra “Y a pesar de todo, Ellas siempre cantan” de Artur Alonso Novelhe PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 31 Maio 2023 08:38

O vindeiro sábado 3 de xuño, ás 12:00 h, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación do libro de poesía “Y a pesar de todo, Ellas siempre cantan” de Artur Afonso Novelhe. A presentación desta obra lírica correrá a cargo de Edelmiro Mateo.

Ler máis...
 
O Concello de Verín remata as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Maio 2023 13:14

O Concello de Verín vén de rematar as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias, actuación acometidas grazas ao importe subvencionable previsto no "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Ler máis...
 
O artista verinés Álex Araújo Álvarez, elixido pola organización do FIC Vía XIV para crear a peza que recoñecerá o Premio Especial do Público 2023 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Maio 2023 11:39

“Artista integral, cunha especial paixón pola pintura e pola escultura, e firme defensor dos animais e dos seus dereitos”. Deste xeito defínese a si mesmo o verinés Alex Araújo Álvarez, de 29 anos, creador ao que este ano a organización do FIC Vía XIV encargou a elaboración da peza que recoñecerá ao director ou directora en quen recaia o Premio Especial do Público. Trátase do galardón que se entrega á curta mellor valorada polos asistentes ao festival a través das súas puntuacións, polo que “posúe un gran valor simbólico”, relata Carlos Montero, director do certame.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película ·Fast & Furious X" no Salón de Actos da Casa da Cultur PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Maio 2023 11:26

Os días 26, 27 e 28 de maio, o Cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película ·Fast & Furious X" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
A Escola Deportiva de Verán 2023 "Convive en Igualdade" abre o seu prazo de inscrición PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Maio 2023 10:30

Dende a área de Mocidade do Concello de Verín organízase o programa deportivo "Escola de Verán 2023" (Convive en Igualdade) e infórmase que a partir de hoxe martes, 23 de maio, ábrese o  prazo de inscrición formal. A Escola Deportiva de Verán é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa 25ª edición e que está ideada para nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2019.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 25 de 969
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>