A fábrica de Fontenova reabrirá as súas portas cunha inversión de sete millóns de euros para construir unha nova planta de 5.100 metros cadrados que se añade a existente de 2.200 m2
Venres, 24 Xaneiro 2025 14:27
A Casa da Cultura de Verín acolleu esta mañá un anuncio histórico para a vila. O alcalde, Gerardo Seoane, e o empresario luso José de Sousa Cintra, propietario de Fontenova, anunciaron a próxima reapertura da icónica planta de embotellamento, para o que a factoría recibirá unha inversión de sete millóns de euros, construirá unha nova planta e renovará toda a súa maquinaria de embotellado. O empresario agradeceu a intensa aposta do goberno local pola recuperación e reordenación da zona, “que nos convenceu de cumprir o soño de voltar a posicionar a Fontenova como unha das grandes augas minerais de Europa”.
O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas
Luns, 20 Xaneiro 2025 13:23
O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 28 de xaneiro ata o 25 maio, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Presentado o cartel do Entroido de Verín 2025: "O Noso, Sempre" do artista local Álex Araújo
Xoves, 16 Xaneiro 2025 15:15
Esta mañá presentouse en rolda de prensa o cartel do Entroido de Verín 2025, unha obra que reflicte a autenticidade e as raíces dunha das celebracións máis emblemáticas de Galicia. O acto contou coa participación de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo e Festexos, e do artista local Álex Araújo, creador do cartel, coñecido artísticamente como "axtriplicado".
O Concello de Verín adianta a Cabalgata de Reis ao sábado, 4 de xaneiro, debido ás inclemencias meteorolóxicas
Venres, 03 Xaneiro 2025 13:36
Co obxectivo de garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza, o Concello de Verín anuncia que a tradicional Cabalgata de Reis se celebrará este sábado, día 4 de xaneiro, en lugar do domingo inicialmente previsto. Esta decisión foi adoptada debido ás previsións meteorolóxicas adversas.
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Expediente 3644/2024. FIXACIÓN FESTAS LOCAIS 2025: o 17 de xaneiro (San Antón) e o 5 demarzo (mércores de cinsa)
3. Expediente 5865/2024. CONVENIO de planeamento e desenvolvemento do entorno da Igrexade Santa María a Maior coa Diócesis de Ourense para ser incluído no Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Verín
4. Expediente 5791/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: ESCOLAS DEPORTIVAS
5. Expediente 5794/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: FIC VERÍN