A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 7 de novembro, a partir das 18 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’, a cargo do grupo Alecrín.
Charla-coloquio ‘Menús autóctonos e internacionais’
Venres, 06 Novembro 2009 10:04
Mañá 7 de novembro, a partir das 18 horas, terá lugar na aula 22 da Casa da Xuventude de Verín a charla-coloquio ‘Menús autóctonos e internacionais’, impartida por Martín Álvarez González, escritor e profesor de cociña do IES Vilamarín.
Emisión informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’ en Verín
Xoves, 05 Novembro 2009 12:57
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitiu ao Concello de Verín o informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’, na que se situará a futura residencia xeriátrica do municipio.
Xornada: ‘Estratexias para o Desenvolvemento do Cooperativismo na Comarca de Verín’
Xoves, 05 Novembro 2009 12:54
O vindeiro luns 9 de novembro, a Casa da Cultura de Verín acollerá a xornada ‘Estratexias para o Desenvolvemento do Cooperativismo na Comarca de Verín’, organizada polo Concello de Verín e a Consellería de Traballo e Benestar.