Programa de áreas de rehabilitación integral do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012
Xoves, 11 Agosto 2011 12:52
Desde a Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo de Verín infórmase da publicación da orde pola que se convoca á participación con actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos Camiños de Santiago (1ª Fase). Programas de áreas de rehabilitación integral do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
Inspección técnica periódica de vehículos agrícolas en Verín
Mércores, 10 Agosto 2011 10:12
O martes 16 de agosto, a unidade móbil de inspección técnica desprazarase ata a localidade de Tamaguelos (Verín) para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas (vehículos sen cargas).
Núñez Feijóo resalta a labor dos adegueiros da D.O. Monterrei durante a inauguración da sexta edición da Feira do Viño
Sábado, 06 Agosto 2011 23:47
A Feira do Viño de Monterrei abriu as portas da súa sexta edición coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, que se acercou na tarde de hoxe a localidade ourensana de Verín para inaugurar este certame vitivinícola, acompañado dos principais titulares de Medio Rural e de Turismo do goberno galego.
O presidente da Xunta de Galicia inaugura a VI Feira do Viño da D.O. Monterrei
Venres, 05 Agosto 2011 10:06
Na xornada de mañá 6 de agosto, a partir das 20.30 horas, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia acudirá a Verín para inaugurar a sexta edición da Feira do Viño de Monterrei, organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín.