Conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' en Verín
Mércores, 18 Abril 2012 12:27
O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle mañá 19 de abril, ás 19.30 horas, a conferencia-coloquio 'Nenos, adolescentes e adultos con Trastorno por Déficit de Atención: TDAs' de Manuel García Pérez, psicólogo consultor clínico e educativo; experto en TDAs, fundador e director técnico do grupo Albro-Cohs.
Contocontos e manualidades no Día do Libro en Verín
Mércores, 18 Abril 2012 12:20
O luns 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza unha iniciativa de contacontos e manualidades relacionadas co Día do Libro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín
Luns, 16 Abril 2012 13:48
A aula Multimedia do Concello de Verín programa novos cursos de informática durante este mes de abril, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.
Mañá 17 de abril, de 16.30 a 20 horas, o autobús Educamóbil desprazarase ata Verín, para ofertar actividades lúdico e educativas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.
A Fundación Cruyff apoia a labor de voluntariado na Biblioteca de Verín
Sábado, 14 Abril 2012 10:12
A Fundación Johan Cruyff remitiu unha felicitación de apios aos voluntarios da Biblioteca Pública Municipal de Verín, así como camisetas da fundación asinadas polo ex futbolista de xeito personalizado para cada un dos/as voluntario/as, destinada a recoñecer a labor social realizada por estes menores nesta instalación cultural verinense.