Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
A CECICN organiza o primeiro Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Maio 2012 13:12

O próximo 25 e 26 de xuño celebrarase na Coruña o primeiro congreso europeo de fronteiras, denominado “Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente”, que estará organizado pola CECICN (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interregionales de Cidades). Este evento ten lugar nun momento no que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020. Esta discusión prodúcese nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea.

 

Ler máis...
 
Requirimentos de emenda das solicitudes de proxectos de enerxías renovables PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Maio 2012 12:57

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación de requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 1 de decembro de 2011, que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia n.º 236, do 13 de decembro).

Ler máis...
 
O Fondo Galego viaxa a Alemaña para achegar a súa experiencia no marco dun proxecto europeo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Maio 2012 11:05

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participa esta semana en Alemaña nunha xuntanza de traballo do proxecto europeo ‘Redes para o desenvolvemento’. A asociación de Concellos e Deputacións actúa como asesora nesta iniciativa cofinanciada pola UE para apoiar as redes de cooperación descentralizada en Alemaña e Portugal.

Ler máis...
 
'Contos dende o aire' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Maio 2012 12:48

O venres 04 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dende o aire’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Concerto de Música Solidaria en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Abril 2012 14:35

A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación do Concerto de Música Solidaria, a cargo do rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, Margarita Caneiro, representante de UNICEF en Ourense, Delfín Pérez Fernández, representante de Caja Rural en Verín, e José Manuel Salgado, director do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 641 642 643 644 645 646 647 648 649 650 Seguinte > Final >>

Páxina 642 de 776
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>