Xoves, 31 Maio 2012 11:37 |
Coa chegada do verán aumenta o risco de incendios forestais no noso Concello considerado como un dos concellos de "alto risco". É de máximo interese para todos os veciños de Verín que as fincas, montes e soares existentes no Concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.
|
Ler máis...
|
|
O Fondo Galego destina 50.000 euros a proxectos dos axentes galegos de cooperación no Sur |
|
|
|
Martes, 22 Maio 2012 09:00 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinará este ano 50.000 euros ao financiamento de proxectos de axentes de cooperación galegos en países do Sur, aínda que a cifra é revisable á alza. Hoxe martes, 22 de maio, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes, que se estenderá ata o 22 de xuño. A convocatoria está dirixida a entidades con presenza real en Galicia e busca contribuír ao fortalecemento do tecido solidario galego.
|
Ler máis...
|
Acordo da comisión bilateral relativa a área de Rehabilitación do casco Histórico de Verín, no marco co Plan Estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012 |
|
|
|
Luns, 21 Maio 2012 13:50 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinou coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente do IGVS e conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, o acordo relativo á área de rehabilitación integral do casco histórico de Verín, 7ª Fase-Período 2011, no marco do R.D. 2066/2008, de 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>
|
Páxina 639 de 776 |