Entrega de diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina
Martes, 28 Agosto 2012 10:59
O vindeiro venres 31 de agosto, os doce rapaces/zas voluntarios/as da Bibliopiscina recibirán un diploma acreditativo pola súa labor de voluntariado neste servizo das piscinas descubertas de A Granxa, e que foi organizado por cuarto ano consecutivo pola Biblioteca Pública Municipal de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín.
A área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín e as Escolas Deportivas de Fútbol municipais promoven unha Liga de Fútbol 7 para veteranos -maiores de 30 anos-, que se desenvolverá desde a segunda quincena de setembro ata o mes de xuño.
A área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín organiza do 28 ao 31 de agosto a cuarta edición do ‘Torneo de Tenis do Concello de Verín’, no complexo deportivo de A Granxa.
Exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’ en Verín
Martes, 21 Agosto 2012 12:51
O Centro de Interpretación de Verín acollerá do 27 ao 31 de agosto a exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’, promovida pola Xunta de Galicia e a Obra Social ‘La Caixa’.
Máis de 10.000 persoas asisten a VII Feira do Viño de Monterrei
Venres, 17 Agosto 2012 15:08
Durante as dúas xornadas nas que tivo lugar a sétima edición da Feira do Viño de Monterrei máis de 10.000 persoas visitaron as casetas da mesma, situada nesta ocasión na praza da Mercé de Verín.