Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
O FIC Vía XIV dará o pistoletazo de saída nas rúas de Verín con “Casperverk: música fóra da pantalla” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Xullo 2024 19:50

O xoves 29 de agosto, ás 22:15 bota andar a 9º edición do FIC Vía XIV nas rúas de Verín. O pistoletazo de saída  será coa actividade “Casperverk: música fóra da pantalla”, que xa é un clásico do festival. Durante o evento,  musicalizaranse catro curtas en directo na Praza García Barbón e, ademais, o xornalista Ivan Iglesias, presentará  o programa completo da edición ao público. Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, anima “a toda a xente de Verín  a asistir a esta inauguración, que sacamos á rúa porque, para a organización, o FIC é un festival que habita Verín”.

Ler máis...
 
Verín dará inicio a Batucada cun Desfile Infantil protagonizado por os nenos e nenas da Ludoteca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Xullo 2024 12:58

Este venres 26 de xullo, os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín desfilarán polas rúas da vila no "Desfile da Ludobatucada", dando a benvida a Batucada 2024. A actividade, que este ano xira arredor da temática "doces", fará a súa saída ás 11:00 horas dende o edificio de educación infantil do CEIP Amaro Refojo de Verín “Módulos”.

Ler máis...
 
O Concello de Verín aposta pola enerxía solar en oito dos seus edificios municipais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Xullo 2024 09:31

Oito dos principais edificios municipais do Concello de Verín contarán con paneis fotovoltaicos. Esta medida busca reducir de maneira notable o consumo eléctrico e as emisións de CO2. A instalación destes paneis supón un investimento total de 118.787,29 euros por parte do ente municipales, estando esperando financiado por fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros).

Ler máis...
 
Música, baile e diversión para todas as idades na festa da Batucada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Xullo 2024 12:35

Os días 26 e 27 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, como desfiles infantís, a festa da espuma e da auga e máis de dez horas de animación musical variada . Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xullo 2024 14:47

O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV trae un ano máis unha chea de concertos de estilos variados a Verín,  seguindo a filosofía de mesturar o cinema con outras disciplinas artísticas, así como tamén sacar o FIC á rúa. Este ano,  pasaran pola vila a londinense afincada en Coruña, Sophie Simonds, a banda de folk emerxente Kedirán, e Mr. Cool, unha  cara xa coñecida no festival e que poñerá o broche final. Todos os concertos serán no exterior do auditorio, agás  adversidades meteorolóxicas, que se trasladará para o hall do mesmo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 784
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>