Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Clásicos Disney’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín
‘Clásicos Disney’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Febreiro 2011 12:26

O próximo sábado 12 de febreiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Clásicos de Disney’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación verinense.

Contacontos e manualidades coa temática dos contos da factoría Disney, conformarán as actuacións principais desta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da mesma.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.

Por outra banda, o mércores 9 de febreiro, ás 19.30 horas, terá lugar unha nova reunión do Club de Lectura na Biblioteca, na que se analizará a obra ‘La sombra del viento’ de Carlos Ruiz Zafón.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>