Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Verín para a segunda fase do reacondicionamento do Camiño Real
Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Verín para a segunda fase do reacondicionamento do Camiño Real PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xaneiro 2011 13:59

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, a través da súa Secretaría Xeral para o Turismo, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinaron un convenio para efectuar a segunda fase de reacondicionamento do Camiño Real que une a localidade de Verín co castelo de Monterrei.

Esta actuación concluirá a rehabilitación deste camiño iniciada o pasado ano, coa execución da primeira fase do mesmo, e unirá o barrio de San Lázaro de Verín con esta acrópole. A remodelación, cun orzamento de 525.717,18€, se realizará na zona de A Pedreira e nas entradas do Camiño Real, “tanto desde a capela de San Lázaro como desde o cruceiro”, subliña o rexedor, e efectuarase “o levantamento do pavimento existente en cemento, instalación da rede de abastecemento e saneamento, soterramento das liñas de teléfono, alumeado e luz e colocación de granito e lastros no chan do mesmo”. “Con esta actuación quedará rehabilitado na súa totalidade este camiño cara a Monterrei, que agardamos que a xente o respecte e coide porque é un ben común e pagado por todos os contribuíntes”, indica, “xa que é importante para a promoción turística da zona e se revalorizará como parte integrante dos accesos ao castelo”. Ademais se rehabilitará o depósito situado neste camiño, “no que se realizará un miradoiro forrado de aceiro-cortén, para que descansen os camiñantes, e non descartamos no futuro realizar unha instalación relacionada co turismo dentro desta edificación de 400 metros cadrados”.

Este camiño atópase entre os concellos de Verín e Monterrei e foi construído entre os séculos XVI e XVII. Dentro do conxunto merece unha especial atención o castelo de Monterrei, un conxunto fortificado no que asentaron liñaxes de familias como os Ulloa, Zúñiga, Fonseca ou os Duques de Alba, e que foi enclave estratéxica dende a Idade Media na fronteira de Portugal.  

Unhas actuacións que, segundo indica o rexedor municipal, “amosan a importancia que se lle concede á comarca de Monterrei por parte da Xunta de Galicia, en xeral, e da Secretaría Xeral para o Turismo, en particular, xa que co plan director do Castelo de Monterrei se potenciará o turismo nesta zona e se apostará por o reequilibrio territorial no interior de Galicia”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>