'Enxebre', de Enrique Galindo |
|
|
|
Luns, 30 Xuño 2008 12:36 |
Desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo Casa do Escudo de Verín. Exposición “Enxebre” de Enrique Galindo.
“Enxebre” é unha mestura entre pintura e fotografía. O autor parte de elementos reais, detalles da Galicia rural, que recolle coa súa cámara e posteriormente plasma no lenzo. Un xogo de estruturas e cores, onde o delicado convive co abrupto, establecendo un diálogo entre o sentimento e a razón. A técnica empregada nesta mostra é o acrílico, acuarela ou técnica mixta sobre lenzo, papel ou madeira. A exposición compleméntase cunha proxección acompañada de música tradicional.
Enrique Galindo, natural da vila manchega de Villarrobledo e residente en Santiago de Compostela, é fundador do Colectivo Artístico Independente “CAIN” e a súa obra atópase en numerosas coleccións particulares de España, Venezuela, Chile e Estados Unidos. |