Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego
Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Xuño 2010 11:18

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións para fomentar a adecuada dotación comercial no medio rural (oferta de produtos de primeira necesidade e servizo de hostalería), así como promover a modernización dos establecementos situados en zonas rurais e a adhesión ao selo de Comercio Rural Galego. A mesma está destinada a núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en concellos de máis de 5.000 habitantes, con ou sen planeamento muncipal vixente.

As actuacións subvencionables son:
- Adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes, nos cales a sala de vendas de comercio en réxime de autoservizo deberá ocupar como mínimo o 30% do espazo destinado ao público sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados e teña unha superficie mínima de 30 metros cadrados de sala de vendas.
- A reforma da fachada da edificación onde se ache o establecemento.
- A adquisición do mobiliario do local comercial.
- O rótulo da Rede de Comercio Rural Galego.
- A adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.

As persoas beneficiarias deben ser propietarias do local en que desenvolven ou pretenden desenvolver a súa actividade ou ter unha disposición sobre el, por calquera medio válido en dereito, que permitan realizar o investimento proxectado. As subvencións consistirán unha disposición en diñeiro a fondo perdido do 70% do investimento en activo fixo, cun máximo de 60.000 €, IVE excluído.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 14 de xullo de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>