Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Iconografía da Gaita’ na Casa do Escudo de Verín
‘Iconografía da Gaita’ na Casa do Escudo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xuño 2010 12:23

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o 11 de xuño a mostra fotográfica ‘Iconografía da Gaita’, que forma parte da exposición de Cornamusas Ibéricas e Iconografía da Gaita, organizada con fondos propios do Museo Internacional das Cornamusas da Deputación de Ourense.

Os sesenta e cinco paneis presentan imaxes de patrimonio inmóbel ou móbel e reproducións de ilustracións de miniaturas e pinturas nas que, como o propio título da exposición indica, a gaita converteuse en icona.

Na mesma recóllense reproducións de formas do instrumento que hoxe non existen, en estéticas que se remontan desde as formas do románico ata o barroco, e que percorren diversos puntos da xeografía ibérica como Guimarães, Salamanca, Valladolid ou Coimbra, demostrando que unha ampla zona lusitana e castelá tiveron antano unha importante presenza deste instrumento.

A mostra enmárcase, xunto coa Exposición bibliográfica e discográfica de música celta e instrumentos populares do ‘Obradoiros os Alegres’ e a presentación da tradución ao xaponés de Toru Sonoda do libro Os segredos da gaita, das actividades previas ou complementarias da XXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros que acollerá este fin de semana o castelo de Monterrei, na que actuarán dez grupos e solistas en representación de Galicia, Cantabria, Italia, Serbia, Escocia e Xapón.

Por outra banda, e ata o 12 de xuño, na Casa do Escudo atópase a ‘Exposición de Cerámica’, conformada por obras do alumnado da Aula de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Verín e o de seu docente, Luís Pachón.

Ambas mostras poderanse visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.    

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>