Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL)
Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Xuño 2010 11:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As actuacións subvencionables son:
- Contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
- Contratación de xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financieira da empresa de inserción.
- Contratación de técnicos en accións de orientación e acompañamento á inserción.
- Realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
- Formalización de préstamos con entidades financeiras.
- Creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

As entidades beneficiarias poderán ser empresas de inserción laboral, unha vez cualificadas e rexistradas como tales no rexistro habilitado para tal efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 07 de xullo de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>