Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas para a creación de aldeas de turismo rural
Axudas para a creación de aldeas de turismo rural PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Xuño 2010 12:22

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións para a potenciación e mellora do turismo mediante a creación de aldeas de turismo rural ou mellora de establecementos existentes de turismo rural e oferta complementaria.

As actuacións subvencionables son:
- Proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural.
- Mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais e da súa oferta complementaria en actividades tales como hípica, golf, náuticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a establecementos de aldeas rurais.
- Proxectos dirixidos a acadar certificacións de calidade de recoñecido prestixio internacional como a Q de calidade do ICTE, Ecolabel, ISO, EMAS, sempre en relación coa explotación destes establecementos de aldeas rurais.

As entidades beneficiarias poderán ser empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto da subvención. Será requisito imprescindible para a concesión destas subvencións que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a cal se solicita a axuda.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 26 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>