Contos do Universo |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 28 Maio 2010 13:24 |
O xoves 3 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización da iniciativa ‘Contos do Universo’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Manualidades con arxila e contacontos serán as principais actuacións programadas para esta iniciativa, dedicada a estación de verán na que durante as noites os/as nenos/as séntanse a observar o universo. Devandita actividade, que será realizada por voluntarios e persoal da biblioteca, está destinada a vinte nenos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |