‘Recital de Amor e Lúa’ de Xosé Carlos Caneiro |
Mércores, 26 Maio 2010 11:53 |
A Casa da Cultura do Concello de Verín acolle mañá, a partir das 20.30 horas, o ‘Recital de Amor e Lúa’, unha proposta poética do verinense Xosé Carlos Caneiro. Ao longo da sesión, Xosé Carlos Caneiro declamará versos de amor do poemario Camiños de Amor e Lúa, editado por Editorial Biblos a finais de 2009, acompañado do guitarrista Xosé Manuel Salgado. Esta iniciativa forma parte do programa Camiños de Amor e Lúa, no que se conxuga a celebración en Galicia do Ano do Libro e da Lectura co ano Xacobeo 2010. Por este motivo, achéganse a 30 concellos dos diferentes Camiños de Santiago poesía e música, durante seis semanas seguidas nos meses de maio e xuño. Todo co obxectivo de fomentar o hábito da lectura, amenizar a ruta aos peregrinos e promocionar a cultura literaria galega entre os visitantes e os habitantes das localización nas que terán lugar os recitais. |