Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego |
Martes, 25 Maio 2010 13:53 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E). A finalidade é fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2010 do programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego. Poderán ser beneficiarios: empresas de nova creación, viables técnica, económica e financieramente, xeradoras emprego estable para persoas dsempregadas, con domicilio social, fiscal ou centro de traballo nun concello de Galicia; promovidas -como máximo- por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica, que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e como mínimo o 50% do seu capital social sexa de titularidade dos promotores/as desempregados/as que creen o seu propio posto de traballo na empresa. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000. |