Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Xpressionk en Ruta R 2010’ en Verín
‘Xpressionk en Ruta R 2010’ en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Maio 2010 12:02

A empresa de telecomunicacións R promove, en colaboración co Concello de Verín, dous concertos no municipio para dar a coñecer os servizos que oferta aos/ás cidadáns/as, dentro do circuíto ‘Xpressionk en Ruta R 2010’

O primeiro deles, do grupo Álvaro Muras, terá lugar o vindeiro domingo 23 de maio, a partir das 20 horas na Praza García Barbón. No mesmo esta formación coruñesa de funk fusión instrumental, creada por Álvaro Muras, amosará unha variedade de estilos dentro dun repertorio propio con momentos de improvisación e interactividade co público.

Mentres que o domingo 30 de maio, á mesma hora e sitio, actuará Qando Vand. Un grupo da localidade de Betanzos formado por 8 compoñentes, que interpretarán cancións de funk rock con pinceladas de rap, reggae, ska, hard rock, jazz, rock psicodélico e soul.

O circuíto ‘Xpressionk en Ruta R 2010’ visitou, na súa anterior edición, os concellos de Melide, A Estrada, O Grove, Foz e Mondoñedo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>