Dramatización ‘A distancia do Lobo. Biografía de Uxío Novoneyra’ |
Venres, 07 Maio 2010 11:03 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá o luns 10 de maio, a partir de 20 horas, unha charla do escritor e xornalista Antón Lopo sobre o libro ‘A distancia do Lobo. Biografía de Uxío Novoneyra’, poeta a quen lle esta adicado este ano o Día das Letras Galegas. Antón Lopo utiliza a obra do poeta, as súas entrevistas e os seus discursos para reconstruír a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia. A actividade está organizada polo Concello de Verín co apoio da Editorial Galaxia. |