Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade
Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Maio 2010 10:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte convocatoria: Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Esta orde ten como obxecto convocar para o ano 2010 as axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade.

Poderán ser beneficiarios:
-Os transportistas autónomos cuxa actividade sexa o transporte de mercadorías por estrada e se comprometan a abandonar esta, renunciando a todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares.
- As persoas que teñan renunciado á actividade do transporte de mercadorías por estrada a través da baixa de todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares no período transcorrido desde o 24 de outubro de 2009 e o día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 7 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono  988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>